Profile PictureLeira

#4. Pedras de avalar

0 ratings

Pedra de avalar única.

En diversos puntos de Galiza podemos atopar as enigmáticas Penas de abalar. Estas penas curvas sosténse sobre unha inestable base e teñen a facultade de oscilar sen moverse, cualidade que dende tempos pretéritos foi considerada como máxica. Empregadas durante siglos como lugares para o culto e a ritualidade, a curación ou a fertilidade, as penas de abalar conservan ata hoxe o seu potencial adivinatorio. De este xeito, o seu balanceo pétreo pode determinar tamén dende eras pasadas o sí ou o non de algo ou alguén, concluíndo así a súa sorte, pero tamén a súa protección.
Porén, descoñecemos a súa procedencia. Tanto é así que aínda existen dúbidas sobre se emerxen do solo producto da erosión, da man humana, ou de ámbas en conxunción. Como as nosas penas de avalar, estos procesos lentos de fricción das rocas conforman novos lugares de fervor onde despregar ferramentas, prácticas e saberes. As nosas penas de avalar tamén conservan as súas propiedades para augurar o noso porvir, de tal xeito que poidamos levar a bo porto este lugar de encontro en Lugo.

Estas penas proceden de diferentes tempos, procedencias e máis estratos, os seus grados de manipulación e erosión xeolóxica permítennos pensar novas materialidades, novas realidades conglomeradas dende as que pensar as prácticas do noso presente. Son obxectos atemporais, que nos remiten a procesos milenarios e á vez, só podemos imaxinar ubicadas no noso presente extremo. Do mesmo modo, as penas de avalar permitirán a Leira imaxinar novas prácticas xurdidas dende esta mesma condición.

Add to cart

Pedra de avalar única

Copy product URL
€50

#4. Pedras de avalar

0 ratings
Add to cart